Na presentación de “O amor é unha palabra coma outra calquera”, de Francisco Castro, na Casa do Libro (Vigo)

 

Foi un pracer onte participar na presentación do último libro de Francisco Castro diante dun auditorio tan entregado e numeroso. Grazas ao autor por convidarme a este acto e grazas polas palabras inmerecidas que me dedicou; grazas a Víctor F. Freixanes, á editorial Galaxia e tamén á Casa do Libro por acollernos no seu espazo, sempre tan garimoso. Na miña intervención tentei salientar, alén dalgunhas reflexións sobre os fíos da amizade, aquilo que ao meu xuízo entendo como o máis salientable deste última entrega do escritor vigués, isto é, a proposta para reflexionar sobre o concepto do amor nunha novela na que probablemente non haxa respostas rotundas mais si unha invitación implícita a formularse moitas e necesarias preguntas.