Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Na presentación de “Lourenço, xograr” de Manuel Portas (Librouro)

Resultou, para min, unha satisfacción participar na presentación de Lourenço, xograr na libraría viguesa Librouro, a carón do autor desta poliédrica novela, Manuel Portas, e mais de Carlos Lema, en representación da editorial Galaxia. O serán converteuse nun animado faladoiro no que dialogamos sobre a proceso de xestación e construción da novela; centrámonos tamén en asuntos como as razóns da escolla, precisamente, dun xograr como Lourenço para protagonizala; debatemos sobre as fronteiras entre historiografía e ficción e salientamos o sabor que outorga o rexistro lingüístico empregado, alén de repararmos na plasticidade destas páxinas e nas diversas lecturas “xenéricas” que ofrece, entre outras cuestións. Un encontro literario magnífico, sen dúbida (grazas a Fernando Fernández pola fotografía).

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 26 Febreiro 2016 por en Crónica,Literatura galega,Presentación , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: