Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Mocidade, de Joseph Conrad

Joseph Conrad

Mocidade (tradución de Alejandro Tobar)

Huguin e Munin, Compostela, 2015, 66 páxinas, 11,50 €

 

 

Volver atopar ao mariñeiro Charles Marlow que, desde a distancia que confire a idade, evoca con todo luxo de detalles unha accidentada e aventureira travesía (no fondo un símbolo da propia existencia) vivida a bordo do Judea –un barco que singraba os mares baixo o lema de “facer ou morrer”- e na que participou como segundo oficial desde un porto inglés ata Bangkok, resulta un verdadeiro gozo. Velaquí un trepidante canto á mocidade que fuxiu, entre perigos, ilusións e xestos solidarios, vertido esplendidamente ao galego por A. Tobar, que engade un traballado e preciso corpo de notas.

Este comentario apareceu nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 26 de febreiro de 2016, baixo o título de “Singraduras imborrables”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: