Presentación da antoloxía poética “Dez anos na porta” (libraría Cartabón, Vigo)

Este vindeiro venres 4 de marzo, ás 20:00, presentarase o volume colectivo Dez anos na porta na libraría viguesa Cartabón. O libro recolle unha escolma da produción poética do colectivo A porta verde do sétimo andar por mor do seu décimo aniversario. Será un pracer acompañar a Alfonso Láuzara e Miguel Ángel Alonso Diz, e mais a todas as persoas que queirades acompañarnos.