Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Na presentación de Dez anos na porta (libraría Cartabón, Vigo)

Foi un pracer volver onte á casa amiga que é a Libraría Cartabón e facelo acompañando a Miguel Ángel Alonso e mais a Alfonso Láuzara para presentar a antoloxía poética Dez anos na porta. Foino, sobre todo, porque o acto posibilitou articular a lectura de diversos poemas que viñeron representar as corenta e catro voces incorporadas no libro. Deste xeito puidemos oír, alén dos textos poéticos dos meus compañeiros de mesa, a Xurxo Nóvoa Martíns -que se revelou como un admirable músico-, Luís Viñas, Abilio Rodríguez, Patricia Sánchez, Elvira Ribeiro, Manolo Pipas -que lembrou a Begoña Caamaño- e Kiko Neves. Parabéns, de novo, ao colectivo por estes dez anos de andaina e que veñan moitos máis.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: