Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Festa no xardín, de Katherine Mansfield

 

Katherine Mansfield

Festa no xardín (tradución de Estela Villar Nogueira)

Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 242 páxinas, 18 €

 

 

 

Volver os ollos á obra literaria de Katherine Mansfield (Wellington, Nova Zelandia, 1888 – Fontainebleau, 1923) posibilita achegarse a unha voz vigorosa, singular e dominada por unha elevada intensidade emocional que nunca esmorece. Ben o testemuña este Festa no xardín, o seu derradeiro libro publicado en vida, onde se encerran relatos nos que agroma o desacougo e o medo dos personaxes diante do devalar das súas propias vidas, transmitidas sempre cunha transparencia non exenta de alento poético.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 4 de marzo de 2015 baixo o título de “Espello da vida”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: