Rigorosamente humano
Kalandraka, Pontevedra, 104 páxinas, 12 €
Galardoado co premio Esquío hai vinte anos, dar con esta coidada reedición supón confirmar como os grandes libros adquiren, co paso do tempo, irisacións que multiplican e asentan o seu valor literario. Daquela indagaba o autor nas potencialidades da linguaxe e ninguén dubida que o seu traballo enriqueceu a nosa tradición poética. Os asuntos recreados non son rescaldos, antes ben, lume intenso, como demostra o percorrido nítido polos ángulos da memoria e por esa ollada atenta aos vieiros que transitan os silenciados; todo isto sostido coa musicalidade que outorga un acaído e estudado ritmo. Unha sorte ter nas mans este valioso libro, ata agora innacesible, de Álvarez Torneiro.
Este texto publicouse o 11 de marzo de 2016 nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, baixo o título de “Actual e brillante”.