Teoría do riso
Xerais, Vigo, 2015, 120 páxinas, 13,50 €
“Tesouras do riso / para cortar (polo san) / todo o que incomoda”. Velaí un exemplo destas intervencións literarias, heterodoxas e interartísticas que o ensaísta, pintor e poeta Antón Patiño compila neste libro e nas que deita moito da súa singular e intransferible ollada ensaística, pictórica e poética, claro é, abeirándose ao discurso breve e esencializador, á ironía, á querenza polo espírito de vangarda e á vontade de intervir no presente. Todo ao servizo de explicar, e explicarnos, as claves dunha cosmogonía que entende o riso como ferramenta para subverter a realidade e a percepción que dela temos.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 18 de marzo de 2015.
Molto conto, moitos cargos, moita política…
Nos entendemos, verdad?