Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal (breve historia da literatura galega), por Mercedes Queixas

Mercedes Queixas

De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega

Xerais, Vigo, 2016, 232 páxinas, 10 €

 

 

Historiografar e sintetizar as principais liñas de sentido da totalidade do noso corpus textual en pouco máis de duascentas páxinas é un esforzo meritorio que supón mergullarse, con vagar, nun enorme océano que vai da Idade Media ata hoxe cunha ollada sempre crítica e valorativa. Facelo ponderadamente e con rigor, salientando con equidade o máis relevante, é outro dos seus acertos. E cómpre non esquecer a súa indubidable utilidade, o seu propósito divulgador, o estilo conciso e ameno que o domina e ese pouso de orgullo que queda tras a súa lectura: estamos e existimos, tamén, grazas a ese ser vivo que é a nosa literatura.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 25 de marzo de 2016, baixo o título de “Unha monografía, viva e portátil, da literatura galega”.

 

Advertisements

Un comentario en “De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal (breve historia da literatura galega), por Mercedes Queixas

  1. Pingback: Ramón Nicolás: De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal (Breve historia da literatura galega), por Mercedes Queixas | Mercedes Queixas

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: