Hai un ano deuse a noticia da aparición duns diarios da escritora sueca Astrid Lindgren escritos nos días da II Guerra Mundial que aínda non se publicaron malia adxectivarse como unha lección de historia. No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil incorpórase aquí unha mostra manuscrita da devandita autora, á que podemos acceder en lingua galega co título Os nenos de Bullerbyn (Sushi Books).