e Caín, por Paco Souto

Paco Souto

e Caín (limiar de M. A. Mato Fondo)

Laiovento, Santiago, 2016, 60 páxinas, 10 €

 

Saudar a estrea dunha colección poética como esta que vén das mans de Laiovento é sempre unha alegría; se a protagoniza unha publicación como a que subscribe Paco Souto aínda máis. Para min son poemas con efecto búmerang: é coma se nacesen noutrora, cando o autor os recitaba en pubs composteláns, e retornan por escrito, ao presente, como unha regalía. e Caín, deste xeito, convida a poupar as derregas dunha voz que, como Mato Fondo apunta no limiar, transita polas querenzas cara á mitoloxía, o erotismo e a esculca no propio proceso de escrita. Poesía que convoca a vida para sentila desde as palabras, os silencios e os designios.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 1 de abril de 2016, baixo o título de “Poesía búmerang”.