Cinco horas con Mauro, de Pere Tobaruela

Pere Tobaruela

Cinco horas con Mauro (ilustracións de Andrés Meixide)

Embora, Ferrol, 2015, 86 páxinas, 10 €

 

Mauro é un neno de dez anos que sofre acoso e violencia escolar. Os seus pais axúdano como poden, ou como saben, pero non é abondo e o rapaz emprende unha fuxida cara a ningures. Serán, así, cinco horas de escapada -tan marcadamente dramáticas como as de Delibes- nas que terá tempo de vivir outras experiencias atopándose con xentes diversas dun arrabalde onde aprenderá, por veces grazas á maxia que ás veces se pode dar na vida, a mirarlle á cara aos propios seus temores; aprenderá a ser máis valente e a ter esperanza. Tobaruela e Meixide acertan, de cheo, con esta proposta.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 8 de abril de 2016, baixo o título de “Esperanza para Mauro”.