Por mor do centenario do nacemento de Manuel Lueiro Rey a cidade de Pontevedra, concretamente o Pazo da Cultura, acollerá, do 12 de maio ao 12 de xuño, unha exposición bio-bibliográfica, outra pictórica, actuacións musicais, recitais poéticos e presentacións de libros alén de mesas redondas, debates e outras actividades ad hoc. Incorporo abaixo a información destas actividades que preparamos un grupo de persoas.
A miña gratitude ás persoas que intervirán, ás editoras colaboradoras -Xerais e Laiovento- ás institucións que abrazaron a proposta con entusiasmo (Concello e Deputación de Pontevedra) e, en especial, a Carmen Carreiro Montero polo seu tempo, a súa efectividade e a súa envexable capacidade organizativa. Deixo abaixo toda a información e, desde aquí, seguiremos informando.