O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos

Carmen Blanco Ramos

O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963)

Xerais, Vigo, 2016, 152 páxinas, 16,65 €

 

Nun valioso ensaio, Carmen Blanco Ramos afonda no que supuxo a explotación de volframio de Varilongo na comarca de Santa Comba de Xallas entre 1941 e 1963.

Prologada por Xesús Alonso Montero, é esta unha valiosa e orixinal monografía que afonda, desde as instancias dun excelente traballo de documentación e investigación, en moitos casos recorrendo a fontes orais, no que supuxo a explotación de volframio de Varilongo (Santa Comba de Xallas) entre 1941 e 1963 e que converteu aquel espazo, como tamén ocorreu coas minas de Fontao e Noia, nunha nova California. A autora repara con fortuna nos intereses políticos que pairaban sobre as minas e tamén sobre cuestións que relacionan o volframio coa micro-economía familiar, coa presenza da familia Liste ou cos ecos literarios, populares e cultos que xerou.

 

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 22 de abril de 2016, baixo o título de “Aquela nova California”.