Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

No 40 cabodano de Otero Pedrayo. Homenaxe na Casa Galega da Cultura

Parte do alumnado do IES Valadares participou onte nunha evocación de Otero Pedrayo por mor do seu corenta cabodano. Alén de visitarmos as instalacións da Casa Galega da Cultura -un percorrido guiado co agarimo de sempre- Antón Vidal, Malores Villanueva e mais Patricia Arias ofreceron breves e esclarecedoras intervencións, respectivamente, sobre Fermín Penzol, a propia Fundación e a súa historia -de mans dadas co  percorrido da editorial Galaxia e coa memoria de D. Francisco Fernández del Riego e, por último, arredor de Otero Pedrayo.

     Xustamente a intervención do alumnado centrouse no que quixo ser un recoñecemento á figura de Otero Pedrayo dando lectura a un pequeno fragmento do Libro dos amigos, en concreto o que se refire a Castelao e que pecha o volume, e mais catro composicións poéticas do autor como foron a “Epístola a Celso Emilio Ferreiro”, un poema dedicado a Fernández del Riego, o célebre texto “Ó xamón” e mais o poema de gratitude -sen título- que Otero escribiu para unha homenaxe que recibiu no ano 1962 co que rematou o acto.

    Grazas á Casa Galega da Cultura por acollernos, por informarnos e por permitirnos aprender. Abaixo algunhas fotos do evento.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: