Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Na presentación de Manuel María. Labrego con algo de poeta, de M. Queixas

Foi un acto emotivo e entrañable o que se desenvolveu onte na Casa do Libro viguesa por mor da presentación da biografía sobre Manuel María no que participou Carlos Lema, como representante da editorial Galaxia, e que contou, loxicamente coa presenza da propia autora, a profesora Mercedes Queixas. Lema centrouse no comezo da súa presentación na relevancia de Manuel María no catálogo da editorial e, ao tempo, salientou a importancia que se lle debería outorgar a este libro marcado polo seu espírito divulgativo, a concisión expresiva e afán exhaustivo.

    A continuación, tras unha breve intervención pola miña parte e unhas esclarecedoras palabras da autora, abriuse a quenda para establecer un diálogo sobre a xestación e a xénese do libro e arredor das claves principais que o dominan, para abeirarnos por outros carreiros nos que gozou, como era de esperar, un especial protagonismo a figura e mais a obra de Manuel María. Un moi feliz serán, non teño dúbida, no que foi un pracer participar.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: