Este vindeiro venres, 6 de maio, será un pracer volver á vila do Grove para reivindicar a relevancia de Lueiro Rey no lugar que escolleu para vivir.
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (O Grove)
Hora: 19.00 h
- Proxección do proxecto audiovisual “Lueiro Rey. 100 anos” realizado polos alumnos e alumnas do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes.
- Conferencia a cargo de Ramón Nicolás (biógrafo de Manuel Lueiro Rey) “Memoria de Lueiro Rey no seu centenario”.
- Actuación musical de Rosa Leiro (voz) e Juan Carlos Cambas (piano): obras musicadas de Manuel Lueiro Rey e outros autores galegos.
Durante o acto comezarase a recollida de sinaturas para solicitarlle á Real Academia Galega a concesión do Día das Letras Galegas a Manuel Lueiro Rey.
(vía Concello do Grove)