Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Manuel Iglesias Turnes

Fotos: José Luís Míguez Vázquez

Fotos: José Luís Míguez Vázquez

Manuel Iglesias Turnes

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A timidez.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A positividade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que non me fallen.
4.– A súa principal eiva?
– Entre tantas éme difícil dicir unha.
5.– A súa ocupación favorita?
-O meu traballo.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Ter o necesario e que o teña todo o mundo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Que lle pasase algo malo ó meu fillo ou á miña filla.
8.– Que lle gustaría ser?
-Mestre ou granxeiro.
9.– En que país desexaría vivir?
-En Galicia. Sempre!!!
10.– A súa cor favorita?
-Os verdes da terra.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A do toxo.
12.– O paxaro que prefire?
-Case todos. A xenreira ós corvos é cousa cultural.
13.– A súa devoción na prosa?
-Suso de Toro.
14.– E na poesía?
-Rosalía.
15. Un libro?
Cantares gallegos.
16.– Un heroe de ficción?
-Xan de María.
17.– Unha heroína?
-A súa filla Carmela.
18.– A súa música favorita?
-Folk do país.
19.– Na pintura?
-Antonio López
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Un heroe, meu pai. Unha heroína, miña nai.
21.– O seu nome favorito?
-Isabel (ou Sabela)
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A incontinencia verbal.
23.– O que máis odia?
-Que non se ame o noso: o país, a lingua…
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Calquera que podendo facer cousas por Galicia non as fixese.
25.– Un feito militar que admire?
-A revolución dos caraveis.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Calquera que me permitise crear.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De ningunha!!! De ter que ser, en familia, sen dar traballo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Arriba e abaixo. Fago todo o que podo por estar arriba.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que non teñen solución.
30.– Un lema na súa vida?
-Todo por Galicia!!!

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Maio 2016 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: