Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Revista Murguía. As Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (dir.).

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (dir.)

Revista Murguía, nº 32. As Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo

Instituto Galego de Historia, Compostela, 152 páxinas, 13 €

 

A revista «Murguía» dedica o seu último número ao movemento principal da historia contemporánea de Galicia a piques do centenario do seu nacemento.

En poucos días celebrarase o centenario do nacemento das Irmandades da Fala na Coruña: un acontecemento que marca, dalgún xeito, o comezo do segundo Rexurdimento galego. Neste sentido, e cun excelente criterio, esta entrega da revista de historia Murguía ocupa boa parte dos seus contidos con distintas colaboracións que asedian un monllo de aspectos vinculados, dun ou doutro xeito, con este tempo e con este movemento fulcral para a historia de Galicia como son os relativos á importancia depositada na lingua galega ou á ideoloxía que as Irmandades abrazaron e promoveron con convicción e teimosía.

 

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 6 de maio de 2016, baixo o título de “Evocación das Irmandades da Fala”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: