Daba por extraviadas unhas liñas prologais que Celso Emilio Ferreiro lle solicitara a Camilo José Cela para a edición independente das prosas xornalísticas que o autor de Celanova fora dispoñendo ao longo duns anos nas páxinas do xornal Faro de Vigo baixo o título de “La jaula de los pájaros raros”. O libro, como tal, nunca se publicou aínda que si formaron parte estas prosas dun volume póstumo titulado Semblanzas, crónicas e artigos, que viu a luz en Xerais no ano 2005. Onte, o web celsoemilioferreiro.org deu conta deste rescate e, particularmente, alégrome que se fagan públicas estas liñas. Deixo aquí unha copia do texto.