Mañá xoves, 19 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Non debían medrar de Manuel Lueiro Rey.
No acto, organizado dentro da programación de “100 anos nacemento de Lueiro Rey 1916-2016″, acompañarei a Manuel Bragado e Modesto Hermida. Á conclusión intervirán Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro (piano e voz). Unha excelente ocasión, ademais, para visitar a exposición no mesmo lugar. Esperámosvos!