Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O espello do mundo

Creo que é de regra dar conta dunha noticia literaria que me afecta directamente e que, tras darlle moitas voltas, non debería obviar aquí pois este blog tamén forma parte, indubidablemente, do meu perfil público e das miñas inquedanzas.

       Recollín hai poucas horas en Xerais o primeiro exemplar d´O espello do mundo: unha proposta narrativa que chegará ás librarías galegas o nove de xuño. Tempo haberá de presentar esta novela e, se cadra, de falar dela. Polo de agora só teño palabras de agradecemento para as persoas que me axudaron neste camiño: foron moitas e para cada unha delas deixo aquí a mostra do meu recoñecemento por facerme máis doado todo. Grazas!

Advertisements

4 comentarios en “O espello do mundo

  1. parabéns Moncho! Esperamos lela axiña

  2. Anónimo
    25 Maio 2016

    Moita sorte!! Desexando lela 🙂

  3. Carmela Sieiro
    25 Maio 2016

    Moita sorte!! Desexando lela 😉

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 20 Maio 2016 por en Divulgación,Literatura galega,Novela,Novidades editoriais , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: