Masculino singular
Xerais, Vigo, 2016, 88 páxinas, 12,50 €
Os resultados que Carlos Negro consegue entre o lectorado, non exclusivamente adolescente, para derrubar prexuízos e estereotipos, evidenciar as eivas e as escravitudes que encerra unha sociedade patriarcal e, por extensión, ampliar os horizontes do que hoxe é a poesía, son extraordinarios e podo dar fe deles. Neste libro calza, moi conscientemente, as lentes lilas para transitar de novo por eses camiños nos que provoca interseccións sorprendentes entre o lúdico e o reivindicativo. Ironía, humor, chiscadelas textuais con outras voces e heteroxeneidade formal para construír novos tempos con novas sensibilidades.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 20 de maio de 2016, baixo o título de “As lentes lilas”.