Zonas de tránsito
Sotelo Blanco, Compostela, 72 páxinas, 6 €
Nunca ha ser tarde para saudar un dos máis libros máis salientables que viron a luz o ano pasado. Galardoado co “Premio Eusebio Lorenzo Baleirón”, Neto confirma que a súa é unha voz poliédrica, intensa, chea de aristas e matices que entende a linguaxe poética como un diálogo continuo con voces de xinea xermánica –véxase Celan ou Rilke- e non só, especialmente operativas aquí para reflectir sobre os tránsitos e a propia existencia, explorando os límites da conciencia e da propia poética que ofrece camiños cara a un ti ou un nós, esculcando sempre na cerna máis íntima.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 13 de maio de 2016.