Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Memoria (mínima) de Sabino Torres Ferrer

Lamento profundamente o pasamento de Sabino Torres pois con el desaparece, malia que deixou proba escrita e documental das súas vivencias e as do seu tempo, parte da memoria da cidade de Pontevedra que se estende case pola totalidade do século XX e chega até hoxe. É de supoñer que estes días se lle vaia render xusto tributo polo traballo editorial levado a cabo en tempos díficiles, polo seu traballo como xornalista e como poeta. Admirei nel sempre a perseveranza e amor que depositou no seu oficio de editor, sobre todo cando puxo en marcha con ilusións renovadas, tras a histórica experiencia de “Benito Soto”, a colección poética Hipocampo Amigo.

     Eu aquí só quixera deixar constancia da inestimable e xenerosa axuda que me prestou para a realización da biografía de Celso Emilio Ferreiro. Sen a lucidez, minuciosidade e clarividencia dun discurso no que reconstruíu, para Luís Ferreiro e para min, nunha xélida mañá do inverno madrileño do ano 2010, os anos pontevedreses de Celso Emilio estes nunca poderían ser contados como foron.

    Reviso agora o seu derradeiro libro de poemas en galego –Intres de soidade (Ediciós do Castro, 2001)-  no que atopo tres versos seus que talvez cobren agora unha nova dimensión e que incorporo como homenaxe: “A tardiña é unha bolboreta / enfastiada / pra morrer”. Que a terra lle sexa leve.

Advertisements

2 comentarios en “Memoria (mínima) de Sabino Torres Ferrer

  1. Helena Villar Janeiro
    23 Maio 2016

    Non o sabía. Lamento moito a súa morte e tamén lle rindo tributo como editor e como home bo. Que a terra lle sexa leve.

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 23 Maio 2016 por en Divulgación,Literatura galega,Obituario , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: