Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuel María. Día das Letras Galegas 2016, por Carmen Blanco

Carmen Blanco (coordinadora)

Manuel María. Día das Letras Galegas 2016

Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2016, 125 páxinas, 12 €

 

Carmen Blanco reúne manuscritos, debuxos e documentos orixinais de Manuel María nun fermoso volume editado pola Universidade de Santiago.

O tributo que anualmente lle rende a USC á voz protagonista do Día das Letras, nesta ocasión da man de Carmen Blanco, resulta fascinante e, sen dúbida, fermosísimo. Ao exquisito tratamento editorial e ao documentado e clarificador limiar que subscribe a profesora lucense incorpóraselle un relevante rescate documental como é o facsímile do manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e mais nove debuxos de Manuel María que, entre outras consideracións, resultan operativos para nos achegar á dimensión artesanal do traballo poético de Manuel María. Neste libro atópanse tamén versos exemplares como os que titulan este artigo.

Este comentario publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 27 de maio de 2016, baixo o título de “É o amor a luz do mundo”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: