Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Con Tango son tres, de Justin Richardson e Peter Parnell

Justin Richardson e Peter Parnell

Con tango son tres (ilustracións de Henry Cole, tradución de Sandra e Óscar Senra Gómez)

Kalandraka, Pontevedra, 2016, 32 páxinas, 15 €

 

 

Inspirado nunha historia real que aconteceu no zoo de Central Park, en Nova York, Con Tango son tres publícase en lingua galega avalado pola consecución de numerosos galardóns literarios e, ao tempo, por certa polémica derivada do rexeitamento e censura que acadou entre os sectores máis conservadores da sociedade norteamericana desde a súa publicación orixinal, hai por volta de dez anos, até hoxe, o que resulta bastante significativo.

    Un coidador do zoo antes amentado, chamado Rob Gramzay, reparou que dous pingüíns de barbicha, chamados Roi e Silo, chocaban unha pedra coa intención de ter familia. Aquel decidiu substituír a pedra por un ovo verdadeiro do que naceu un novo membro da familia, Tango: a primeira cría en catividade, así pois, de dous pais. A partir deste feito os autores adaptan con fortuna e sensibilidade este asunto para un lectorado infantil pero non só, articulando con efectividade un percorrido, de factura realista, que testemuña a existencia doutros modelos familiares, neste caso sen aplicar metáfora ningunha, e aposta por valores de respecto e afecto nos que é preciso teimar, día a día, desde calquera posibilidade que se brinde.

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: