Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Lueiro e o xornalismo: Novas crónicas dunha transición intransixente

Por cuestións persoais non puiden desprazarme onte ao Pazo da Cultura de Pontevedra para asistir ao coloquio que suscitou o perfil de Lueiro Rey como colaborador de moi diferentes plataformas xornalísticas e no que ía acompañar a Xesús Alonso Montero, a Afonso Ribas, a Ramón Rozas e á miña benquerida Helena Villar Janeiro, ademais de presenciar o estupendo espectáculo musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas. Ben lamentei a miña ausencia aínda que estaba seguro, como así me confirmaron, que todas as achegas que alí se compartiron foron de extraordinario interese e axudaron a redimensionar este labor de Lueiro tan pouco coñecido aínda.

     No acto, que integrou a penúltima sesión dentro do ciclo de encontros ao abeiro da exposición Camiño aberto, presentouse asemade un libro inédito do escritor: Novas crónicas dunha intransición intransixente que a editorial Laiovento acolleu no seu catálogo con xenerosidade. Un volume que compila as súas colaboracións xornalísticas en lingua galega que viron a luz maioritariamente no semanario A Nosa Terra e na revista Espiral, alén dalgúns textos inéditos, e que sorprenden pola súa actualidade e por esa permanente conciencia cívica e radical desde a que foron escritos. Convido vivamente a coñecelo.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: