Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Nova data para a derradeira sesión dos encontros na expo Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto

O vindeiro día 9 de xuño ía celebrarse, no Pazo da Cultura pontevedrés, a derradeira sesión dos diversos encontros programados para acompañar a exposición “Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto”. As persoas que integramos o comité organizador, como mostra de dó polo falecemento do benquerido Jesús Bértolo, familiar de Lueiro, decidimos adiala para o vindeiro xoves 16 de xuño, ás sete e media do serán, ampliándose o prazo de visitas á exposición até ese día.

    Esta derradeira sesión contempla afondar no perfil humano, literario e político do autor e prevé a participación de Luís Cochón, Xesús Alonso Montero, Antonio Chaves, Marilar Aleixandre e Eli Ríos. Esperamos a vosa asistencia.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 7 Xuño 2016 por en Divulgación,Encontro,información , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: