«O espello do mundo» (2)

Manuel Bragado incorpora hoxe no seu blog Brétemas un apuntamento sobre a novela que moito agradezo, iniciada polo booktráiler da novela que deixo tamén aquí. Tal e como se sinala na devandita anotación a presentación do libro celebrarase o día 1 de xullo na Feira do Libro de Vigo e nela participarán o editor Fran Alonso, a profesora Marga do Val e o profesor e medievalista José Yuste.

     Asemade agradezo as mostras de agarimo esparexidas pola rede, entre elas a deste vídeo que os meus amigos libreiros, Maribel e Gonzalo, dedicaron a O espello do mundo.

1 Comment

Os comentarios están pechados.