Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Terra, VV.AA.

VV.AA.

Terra

Fundación Vicente Risco/Culturaqueune, Ourense, 2015.

 

Hai xa algún tempo un amigo agasalloume un exemplar desta publicación que hoxe traio ao Caderno da crítica, entre outras razóns porque desde hai poucas datas o Pazo da Cultura pontevedrés acolle unha exposición do material fotográfico e poético que inspira este título.

   Terra,  así pois,  conxuga intervencións poéticas con outras de carácter fotográfico que pretenden irmandar voces artísticas de ambas as beiras do Miño co obxectivo de dar un primeiro paso, en forma de publicación, no seo dun proxecto ambicioso que se articula na comunidade Cultura que une e que pretende establecer elos de contacto entre dous mundos culturais parellos e comúns que viven, vivimos, de costas.

   Grazas aos responsábeis dese diálogo intercultural, interxenérico, plural e enriquecedor que se dá entre fotografía -António Pinto, Anxo Cabada, Catarina Almeida, Diogo Cardoso, Fernando Ribeiro, Iván Merayo, João Madureira, Maribel Valdivieso Varela, Santi Amil e Xosé Luís Alonso- e poesía -Alfredo Ferreiro, Amadeu Baptista, António Fortuna, Berta Dávila, Carlos Da Aira, João Madureira, José Braga-Amaral, Ramiro Torres, Virgínia do Carmo e Yolanda Castaño-. Difícil é non deixarse engaiolar por algunhas das imaxes e as palabras que por aquí transitan. Parabéns polo libro e sorte neste proxecto expositivo. Ao tempo, as persoas interesadas poden visionar tamén algúns vídeos relacionados premendo aquí.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: