Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey

Manuel Lueiro Rey

Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988)

Laiovento, Santiago, 98 páxinas, 10 €

 

Lueiro Rey entendeu as colaboracións nas plataformas xornalísticas como unha necesidade comunicativa que lle ditaba a vocación de intervir coa palabra no seu tempo, concretamente neste caso no da reforma política. De aí este libro póstumo que se publica no seu centenario: dialoga con outro de título semellante publicado no ano oitenta e cinco e nel aborda o devalar, tantas veces insatisfactorio, dos acontecementos daqueles anos desde unha perspectiva crítica, desmitificadora e inconformista que resulta, podo aseguralo, rabiosamente actual.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 10 de xuño de 2016.