Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua

Emilio Xosé Ínsua

A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)

Baía Edicións, A Coruña, 752 páxinas, 29,50 €

 

 

Subtitulada «A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)», esta monografía constitúe un verdadeiro acontecemento editorial que non debería pasar ignorado. Nela, o profesor Ínsua deita unha parte da súa longa traxectoria como investigador e percorre, con minuciosidade, rigor e afán totalizador, manexando unha bibliografía monumental e outorgándolle a relevancia precisa ás fontes documentais, as máis das dimensións posibles que as Irmandades da Fala como obxecto de estudo poden suscitar, destacando o papel primordial que Antón Villar Ponte desenvolveu como promotor da mesma. Insustituíble para ollar o noso pasado, tamén cara ao futuro, con garantías.

Esta nota publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o  24 de xuño de 2016, baixo o título de “Oportuno e imprescindible”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: