Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados

A Fundación Celso Emilio Ferreiro convoca a primeira edición do Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados. Un galardón, pioneiro no seu xénero e concepción, que pretende divulgar a poesía do autor de Celanova a través das interpretacións musicais que se fixeron, fan ou farán da súa obra poética e que, ademais, conta cun premio consistente en 3.000 €. Convido vivamente tanto a coñecer a totalidade das bases premendo aquí como, ao tempo, a participar a todas aquelas persoas, a título individual ou conformando un grupo musical, que o desexen.

Advertisements

Un comentario en “Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados

  1. Helena Villar Janeiro
    28 Xuño 2016

    Que interesante iniciativa. Parabéns. Divulgada queda.

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: