O espello do mundo pasou onte pola Feira do Libro de Vigo para realizar a súa primeira presentación. Pasou felizmente arroupado coas palabras de Fran Alonso, Marga Romero e José Yuste Frías, compartindo lecturas fantásticas e emocionantes que resultaron, para min, e talvez para todas as persoas que alí estabamos, inesquecibles. Pasou cos afectos dos que quixestes e puidestes estar alí. Só podo darvos as grazas.
Parabéns, Ramón. Ben merecidos.
Grazas, Helena! Un bico.