Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso

Fran Alonso

Poemas birollos para ler cos ollos

Xerais, Vigo, 2016, 72 páxinas, 10 €

 

 

Non é de estrañar o posto cimeiro, e penso tamén no ámbito peninsular, que Fran Alonso ocupa no eido da sempre difícil poesía infantil. Á súa traxectoria suma agora un libro que confirma esta percepción pois teima na procura recorrente de novas fórmulas expresivas, aposta pola edición transmedia coa inclusión dun videoxogo poético e non perde de vista a relevancia que supón a oralidade. Todo por xunto para erixir unha proposta visualmente arrebatadora que alicerza un discurso poético lúdico, heteroxéneo, fresco, sorprendente e irreverente. Un desafío que garante unha ollada distinta, e necesaria, para a poesía neste século que andamos.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, baixo o título de “Soprendente e irreverente”, o 1 de xullo de 2016.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: