Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

As horas roubadas, de María Solar

María Solar

As horas roubadas

Xerais, Vigo, 232 páxinas,  15 €

María Solar estréase na narrativa para adultos cunha proposta que reconstrúe os últimos anos 70 cunha homenaxe implícita á loita das mulleres pola emancipación.

Estréase María Solar como narradora para un público adulto e faino erixindo unha proposta minuciosa e brillante na reconstrución das atmosferas, ofegantes e esperanzadas a un tempo, daqueles anos finais da década dos setenta: páxinas transparentes e evocadoras tanto na descrición dos obxectos e espazos tanxibles como naquilo que se ancora no territorio dos sentimentos. Transita polo libro unha implícita homenaxe á loita das mulleres por ocupar o seu propio espazo e por acadar a súa independencia a cabalo de tres xeracións nas que a forza motriz da súas vidas é o amor, por veces o desamor, que verbaliza e substancia o ímpeto do cambio vixente daquela época.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, o 8 de xullo de 2016, baixo o título de “Sentimentos nunha época de mudanzas”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: