Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro

Raiolas de sol

Galaxia, Vigo, 88 páxinas, 10 €

 

Catro relatos concibidos para alumear vivencias e sentimentos, baixo a perspectiva da sempre conflitiva adolescencia, conforman unha entrega que é unha regalía tanto polo especial coidado depositado na palabra e na súa cadencia como polo diálogo explícito que se establece con outras artes como a literatura -magnífica a homenaxe á poesía de Celso Emilio no primeiro deles- e a música, alicerce e compañía insustituíble destas prosas. Con eles afóndase, desde a sensibilidade, nalgúns desafíos que cómpre afrontar cando se abandona a infancia, como son a morte ou o amor, coa procura do propio espazo no mundo como elemento felizmente común en todos eles.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 15 de xullo de 2016, baixo o título de “Un espazo no mundo”.

Advertisements

2 comentarios en “Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro

  1. Antonio G. Teijeiro
    20 Xullo 2016

    Grazas, unha vez máis, por facer visible a miña obra. Estou moi felikz!!!

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: