Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Agustín e a memoria

Todas as historias que escribiu Agustín estaban tecidas cos fíos da vida, como lle gustaba afirmar, pero nalgunhas delas é obvio que a memoria resoa a xeito dunha buguina que persevera en transmitir, a quen queira achegarse a ela, palabras e sons cos que reconstruír conscientemente o noso pasado. O motivo, ademais, adoptou unha fasquía singular n´O rastro que deixamos (2012): libro memorialístico onde se revelan con luminosidade as claves do seu oficio de escritor, isto é, os verdadeiros constituíntes do seu propio e singular ADN.

    Mais é sobre todo en dous libros de ficción, encadrados editorialmente nunha serie para un público adulto, como foron Non hai noite tan longa (2011) e A viaxe de Gagarin (2014) onde os ecos da memoria latexan con máis forza. En ambos os dous déitase unha ollada poderosa desde os anos sesenta ata hoxe para erixir unha sorte de revelación que reacciona, xustamente, contra a desmemoria. Quer novelas de formación quer de xeración, nelas escintila a relevancia destas paisaxes nunha osmose que se funde cos territorios do tempo que pasa e coas eternas contradicións da propia condición humana.

 

Este artigo publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 22 de xullo de 2016, baixo o título de “Agustín e a memoria”.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 23 Xullo 2016 por en Literatura galega,Opinión , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: