Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A historia de Odoyno. A primeira novela galega, de Antonio Rodríguez Baixeras

Antonio Rodríguez Baixeras

A historia de Odoyno. A primeira novela galega

Toxosoutos, Noia, 2015, 184 páxinas,  15 €

 

 

Hai case trinta anos publicouse unha novela fantástica titulada O rei dos ameneiros (Xerais). Retorna agora o seu autor cun libro no que rescata un documento do Tombo de Celanova, do ano 982, que é un curioso testamento do monxe Odoyno Veremudiz onde dá conta da súa axitada vida coma se fose relato apaixonante. Nel repara na sorte dos seus bens en Santa Comba de Bande, fala dos seus amores con Onnega, talvez filla de Mumadonna –a poderosa abadesa de Guimarães-, ou se detén na relación que mantivo co bispo Rudesindo, entre outras figuras daquela época tan descoñecida. A edición traduce o testamento e estúdao profusa e rigorosamente. A meu entender unha verdadeira alfaia.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 29 de xullo de 2016, baixo o título de “A primeira novela galega”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: