Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Luz de agosto, na Coruña, para O espello do mundo

Non se me ocorre mellor título que Luz de agosto, ese memorable título de Faulkner, para me referir á presentación d´O espello do mundo que se desenvolveu onte na Feira do Libro da Coruña. Un serán fantástico e inesquecible ao que contribuíron as palabras fascinantes e conmovedoras que Manuel Bragado, María Canosa e Mercedes Queixas dedicaron á novela e que redescubiron ángulos que en moitas ocasións nin sospeitaba. Tamén foi un serán luminoso, claro é, pola cantidade de persoas que se achegaron ao marabilloso espazo que a Feira destina ás presentacións, moitas delas estimadas por min como ben saben.

     Nunha parte do devandito libro de Faulkner, Lena Grove procura con teimosía a Lucas Burch no  Yoknapatawpha County. Onte, O espello do mundo gozou de moita sorte: contou con moitas e excepcionais Lenas Grove á busca dalgunhas das claves que pode ofrecer a súa lectura e, por extensión, esas voces trazaron liñas imaxinarias que uniron, mentres a luz esmorecía, A Coruña con Ramirás, Vigo e Rupertsberg.  Grazas a todas as persoas que o fixeron posible. Grazas polas lecturas, grazas polos afectos.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: