Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A contrafío, de Joris-Karl Huysmans

Joris-Karl Huysmans

A contrafío (tradución de Isabel Soto)

Hugin e Munin, Compostela, 2016, 322 páxinas, 16,50 €

 

 

O selo Hugin e Munin publica «A contrafío» nunha espléndida tradución de Isabel Soto.

As páxinas de A contrafío de Huysmans conservan aínda perenne un espírito fresco e renovador, unha fasquía única, que explica tanto as polémicas como as adhesións máis apaixonadas que xerou cando viu a luz a finais do século XIX. Ao tempo, este libro tan rico en matices, adxectivado como «novela total», posibilita entender e calibrar a admiración que suscitou nos autores da narrativa galega de comezos do XX. Des Esseintes, o seu protagonista, converteuse nun símbolo da inadaptación e do inconformismo como ben souberon entender Otero Pedrayo e Vicente Risco. O traballo de Isabel Soto, na tradución e nas notas a pé de páxina, é realmente antolóxico.

 

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 12 de agosto de 2016, baixo o título de “Huysmans en galego”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: