Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Maelström, Maelström, de Manuel Sánchez Gálvez

Manuel Sánchez Gálvez

Maelström, Maelström

Galaxia, Vigo, 2016, 100 páxinas, 10,50 €

 

 

O granadino Manuel Sánchez, radicado desde hai uns anos en Vigo, adoptou a lingua galega como vehículo de creación literaria para homenaxear a cidade na que vive e para articular un recoñecemento ao Jules Verne das Vinte mil leguas de viaxe submarina. Faino cunha proposta que foi, no ano 2015, finalista do premio de Novela por Entregas onde o achado dun sorprendente diario do capitán Nemo focaliza a atención da narración, que establece un contrapunto contemporáneo levándonos da man de Amanda e das súas expectativas diante da vida. Sen dúbida, un suxestivo debut.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 26 de agosto de 2016.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: