Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Os fillos da fame, de Ismael Ramos

Ismael Ramos

Os fillos da fame

Xerais, Vigo, 2016, 56 páxinas, 12,50 €

 

Galardoado co Premio Johán Carballeira de poesía no 2015 e con dúas edicións ás súas costas nun breve espazo de tempo, este primeiro libro de Ismael Ramos establece un equilibrio engaiolante e infrecuente entre pulsión narrativa e lirismo. Nel, o mar -un mar insondable e profundo que xorde dun exercicio de peneira e estilización- convértese en vivencia tanxible e asume un papel protagónico de mans dadas coa memoria máis persoal e íntima, en ocasións coa memoria literaria a través de múltiples pegadas. O eu, o mar e a memoria proxéctanse colectivamente para falar sobre a morte, o corpo ou a soidade. Un libro felizmente innovador, felizmente arriscado.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 2 de setembro de 2016.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: