Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Castrelo de Miño. Loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, de Arturo Reguera

Arturo Reguera

Castrelo de Miño. Loita, represeión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, limiar de X. Alonso Montero, Fundación 10 de marzo, Compostela, 2016, 80 páxinas.

 

Cincuenta anos despois do Banquete do Hotel Roma no que se dicía adeus a Celso Emilio Ferreiro camiño de Venezuela publícase un libro que repara na evolución do conflito que supuxo a expropiación das terras e propiedades de Castrelo de Miño para a construción do célebre encoro. Aquela despedida transformouse nun acto de reafirmación, talvez o primeiro destas características, contra o franquismo e Reguera, manexando unha abondosa documentación, ilumina as orixes, o desenvolvemento e as consecuencias daquel movemento opositor que naceu da cooperación entre o PCE e a UPG, suxerindo novas lecturas de interese para aprender e debater.

Esta reseña publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 9 de setembro de 2016, baixo o título de “Evocando un conflito”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: