Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Marta e a píntega, de Eli Ríos

Eli Ríos

Marta e a píntega

Galaxia, Vigo, 2016, 132 páxinas, 11,50 €

 

Que Eli Ríos escolla unha nena espilida e afouta como protagonista para unha narración, xunto cunha píntega ou salamántiga, anfibio de mala e inxusta sona ás súas costas na tradición oral, obedecerá a unha causa. Eu convido a que cadaquén o descubra e advertirá como neste libro, que tamén o é de aventuras, latexa unha vontade de repensar asuntos como o das identificacións afectivas para o que se repara nos modelos que beben na tradición tanto dos relatos infantís de sempre como a contida naquel universo máxico que retratou Fernández Flórez no inesquecible O bosque animado. Todo un acerto.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 16 de setembro de 2016.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 20 Setembro 2016 por en Crítica literaria,Literatura galega , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: