Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O espello do mundo, na libraría Cartabón (Vigo)

Este vindeiro martes, 27 de setembro, ás oito do serán, Edicións Xerais e a Libraría Cartabón organizan un encontro, que quere ser literario e festivo, arredor d´O espello do mundo nesoutro espello do meu mundo que é a devandita libraría: esa casa do meu barrio que sempre me acubillou, tan agarimosamente gobernada polos amigos Gonzalo e Maribel. Vai por vós e por todas as persoas que apoiaron desde a súa saída esta novela.

    Ademais, terei a fortuna de contar coa compañía de persoas excepcionais e amigas que moito estimo como son María Reimóndez, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Manuel Bragado.  Se vos presta pasarvos polos Choróns este martes por alí agardamos por vós. Grazas!

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: