Nin pombas nin flores, de María Besteiros

María Besteiros

Nin pombas nin flores

Autoedición, 2016, 110 páxinas (inclúe  Mater Lux, de Isabel Piñana)

 

 

Hai un río, seica subterráneo, a fluír con propostas literarias brillantes e alleas aos grandes circuítos editoriais. Neste ámbito reivindico este libro que é unha edición artesanal en que a autora fala da pel e do corpo, remexe na cinza e xunta espellos rotos. No ronsel rosaliano cuestiona esa “alma” para compartir emocións sobre a maternidade, as experiencias do embarazo, parto, lactación e crianza. Besteiros acaróase á imaxe visionaria cando cómpre e constrúe sempre un discurso lúcido, intenso e por veces estarrecedor. Se alguén quere coñecelo no blog A raíña das formigas saberá como.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 23 de setembro. O título orixinal do artigo era “A experiencia da maternidade”.