Cuestionario Proust: Xurxo Chapela

Xurxo Chapela

1.– Principal trazo do seu  carácter?

-Escepticismo.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A intelixencia, ou sexa, a beleza.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Que o sexan (e que teñan paciencia comigo).

4.– A súa principal eiva?

-Non aparto ben dos coches.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Calquera na que participe Adriana Lima.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Intentar a calipedia con Adriana Lima todo o tempo.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Xa a sufrín: ver morrer ao meu irmán Alberto.

8.– Que lle gustaría ser?

-Alguén moi distinto de min.

9.– En que país desexaría vivir?

-En calquera afastado de Jorge Fernández Díaz máis de 1.000 quilómetros e achegado milímetros a Adriana Lima.

10.– A súa cor favorita?

-Blue, por suposto.

11.– A flor que máis lle gusta?

-Ningunha: o seu cheiro faime doer a cabeza.

12.– O paxaro que prefire?

-Xa tiña ornitofobia antes da ver a película de Hitchcock.

13.– A súa devoción na prosa?

Son ateo de raza loba. Pero Cortázar.

14.– E na poesía?

-Ramón Irigoyen (se mo preguntas mañá, cambiaría por outro).

15.– Un libro?

Un paseo polo lado salvaxe, de Nelson Algren.

16.– Un heroe de ficción?

-Chris Stevens (o da K-Bear) ou protagonista innominado de El gran momento de Mary Tribune

17.– Unha heroína?

-Calquera protagonista dos contos de Lucia Berlin, ou sexa, Lucia Berlin.

18.– A súa música favorita?

-Blues.

19.– Na pintura?

-Rauschenberg e Alberto Gende.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-A miña avoa Elvira e Thomas Sankara.

21.– O seu nome favorito?

-Paso palabra.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-Todos. Ningún. Que non beban.

23.– O que máis odia?

-A Jorge Fernández Díaz e a Esperanza Aguirre.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-A Aznar, aínda que, na historia, máis que figura sería caganer.

25.– Un feito militar que admire?

-Ningún.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-A intelixencia, ou sexa, a beleza. E oído musical.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Suando, logo intentar a calipedia con Adriana Lima por millonésima vez.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Repugnante (espero que só no segundo sentido da palabra segundo a RAG).

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Os meus e os dos nenos (valla a redundancia).

30.– Un lema na súa vida?

-Bebe e deixa morrer.