Quero deixar unhas liñas aquí de gratitude a todas as persoas que decidiron asistir a unha nova presentación d´O espello do mundo na cidade de Vigo. Ao tempo, o meu especial agradecemento a Manolo Bragado, María Reimóndez e Xoán Carlos Domínguez Alberte pola presenza, as palabras que alí se dixeron e polo seu apoio incondicional.
Manuel Bragado relatou nunha acaída crónica algún dos extremos máis relevantes que alí se escoitaron e deixo esta ligazón para quen lle interese coñecela. Ao tempo, grazas especiais á Libraría Cartabón e o agarimo que os meus amigos Gonzalo e Maribel depositaron antes, durante e despois da presentación: inesquecible para min.